selecciona un equipo

Antía Lestido Cardama

Antía Lestido Cardama

Coordinadora e webmaster

A cociña non é o meu forte, pero si a seguridade alimentaria. Son científica e dedícome a investigar esas substancias invisibles que chegan aos nosos alimentos. Fóra do laboratorio, disfruto da divulgación científica, do deporte e dos escape rooms, entre outras cousas.

Yago Lestido Cardama

Yago Lestido Cardama

Responsable de redes sociais, deseño e web

Enxeñeiro de montes nado en Brión,
máis de monte ca de sofá e televisión,
camiñando, correndo ou entre montes e vales,
a ciencia en Brión sae a pasear polos bares!

Laura Fresco Rey

Laura Fresco Rey

Responsable de redes sociais e deseño

Veterinaria de grandes animais, máis afeita ás botas de campo que aos bares. Cambio o prado pola divulgación para compartir ciencia e risas... sempre que non apareza ningunha araña! Porque entre vacas ou cabalos aínda me amaño, pero eses bichos non hai quen os dea domado…

Ana María Barcia de la Iglesia

Ana María Barcia de la Iglesia

Responsable de comunicación e organización bar

Técnico de laboratorio en investigación, exfutbolista e cunha relación seria —case contractual— co ximnasio e o deporte. Acostumada a mancharme dentro e fóra do laboratorio: un día estou facendo experimentos e ó seguinte correndo unha Gladiator Race como se fose parte do método científico. Entre tod…

Aroa Cernadas Pazos

Aroa Cernadas Pazos

Responsable de comunicación e financiamento

Crecín preto do mar e agora adícome a investigar en oncoloxía, concretamente en cancro de cerebro: algo que me fai darlle voltas á cabeza... No laboratorio intento entender un dos tumores máis complexos, e fóra del empéñome en que a ciencia chegue a todo o mundo sen dor de cabeza. Apaixoada da divul…

Nerea Lago Baameiro

Nerea Lago Baameiro

Responsable de comunicación e financiamento

Investigadora de vesículas extracelulares, partículas activas e en constante movemento. Casualidade ou non, defínenme bastante ben e se algo ten que ver con Brión, o meu sitio no mundo, a intensidade multiplícase: aquí hai un “si” a todo, ata saltar os troncos tolos no Grand Prix. A seguinte aventur…

Pablo Pedrosa Lado

Pablo Pedrosa Lado

Responsable de comunicación e organización bar

Investigador Muradano, más de bata que de bota. Recientemente, cambié el estudio de cáncer por el de los riñones. Amante de los balnearios, de la música y del cine de serie B. Me declaro fan de la divulgación científica y de los gatos, en ambos casos, si es con buena compañía y una pepsi en la mano,…